A nosa cociña

A nosa proposta gastronómica toma como principal fonte de inspiración a materia prima de alta calidade. Carnes e peixes que acariñamos á calor das nosas brasas e cos que elaboramos un universo propio de sabores, aromas e texturas.

 

Imaxinativos entrantes e deliciosas sobremesas completan un carta variada e coidada na que tamén hai cabida para unha ampla selección en bodega: brancos, tintos, rosados e cavas con referencias das principais denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras, Monterrei, Rioxa, Ribera del Duero,...).

 

Con estes vimbios e os fundamentos da cociña tradicional, poñemos a disposición dos nosos clientes sabores limpos e xenuínos cos que, día a día, abrimos as portas da nosa brasería atlántica.

 

A nosa carta

Os nosos viños

Se o desexa, pode coñecernos mellor a través da
Galería de imaxes da Grella