Cremos fundamentalmente no produto. Por iso, especializámonos en sacar o mellor das mellores materias primas a través dunha das artes culinarias máis ancestrais, a brasa. Por iso, practicamos unha cociña de mercado baseada nunha elaboración tradicional sobre a que, tempada a tempada, construímos novas propostas.
E facémolo en Santiago de Compostela, punto de encontro universal, porque así é precisamente como concibimos A Grella: como un acolledor punto de encontro no que os nosos clientes comparten agradables momentos coas súas familias, os seus amigos, os seus compañeiros de traballo ou os seus propios clientes.
Por todo isto quixemos que carta e espazo conflúan nunha singular harmonía cuxo obxectivo final non é outro que a plena satisfacción daqueles que nos visitan.